• 2026-11-16 12:43:33
    Servizos Sociais


    O Concello de Brión organiza varias actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A programación desenvolverase os días 17, 25 e 26 de novembro.

    MARTES 17 DE NOVEMBRO

    De 9:30 a 14:00 h. CIM móbil na Carballeira de Santa Minia. Atención psicolóxica, social e xurídica especializada en violencia de xénero.

    MÉRCORES 25 DE NOVEMBRO

    12:00 h. Praza do Concello.
    Concentración e lectura do manifesto contra a violencia de xénero.
    Actuación "Ti es veleno", do Teatro das Maniotas e o Coro do IES Brión.
    Reparto de material da campaña "De Fronte", da Deputación da Coruña.

    XOVES 26 DE NOVEMBRO

    10:00 h. Centro Social Polivalente. Xuntanza da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero e formación para o persoal técnico "Cara B das violencias machistas", a cargo de Arabías.

    18:45 h. Centro Social Polivalente. Obradoiro de autodefensa feminista impartido por Cristy Tojo.

    20:15 h. Centro Social Polivalente. Proxección do videoclip "Ti es veleno", do Teatro das Maniotas e o Coro do IES Brión.

    Inscricións para o obradoiro de autodefensa feminista: ata o propio día da actividade, a través do correo beatriz.yanez@concellodebrion.gal ou do teléfono 981 509 910
    Mais info: https://i.gal/kC1SA



    Adjuntos: