• 2026-11-12 13:03:38
    Cultura e Deportes


    O Concello de Brión celebrará o venres 27 de novembro, na Carballeira de Santa Minia, o tradicional acendido das luces de Nadal, cunha programación de actividades para toda a familia.

    Programa de actividades:

    - De 17:00 a 19:00 h. Espazo de Xogo Activo: "Xogos do mundo: unha viaxe para xogar xuntos".



    - Ás 19:00 h. Acendido das luces de Nadal.



    Sorteo para acender as luces de Nadal

    Realizarase un sorteo para seleccionar a persoa encargada de acender as luces de Nadal de Brión.

    As papeletas poderán recollerse na Casa da Cultura do 23 ao 26 de novembro, de 17:00 a 19:30 horas.



    Adjuntos: