• 2026-11-11 11:00:00
    Servizos Sociais


    ROMPER O SILENCIO: HISTORIA E REALIDADE DAS PERSOAS TRANS

    Con motivo do 20N, Día Internacional da Memoria Trans, o Concello de Brión organiza unha charla formativa coa asociación Arelas, dirixida ás familias e á cidadanía en xeral.

    Un espazo para coñecer mellor a realidade das persoas trans, resolver dúbidas e compartir experiencias, favorecendo unha sociedade máis inclusiva, segura e respectuosa coa diversidade.

    Xoves, 19 de novembro
    De 18:00 a 19:30 h
    Centro Social Polivalente

    INSCRICIÓNS ABERTAS
    beatriz.yanez@concellodebrion.gal
    981 509 910

    As inscricións poderán realizarse ata o propio día da actividade.

    Actividade financiada pola Deputación da Coruña.



    Adjuntos: