-
EDUCAR EN IGUALDADE E CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS2026-11-02 13:13:32Servizos SociaisBrión promove a igualdade e a prevención das violencias machistas nos centros educativos
O Concello de Brión desenvolve durante o primeiro trimestre do curso 2026-2027 o programa municipal «Educar en igualdade e contra as violencias machistas», dirixido ao alumnado do CEIP de Pedrouzos e do IES de Brión.
A iniciativa inclúe actividades formativas, teatro e propostas artísticas adaptadas ás diferentes etapas educativas, co obxectivo de fomentar a igualdade, o respecto, a educación afectiva e a prevención das violencias machistas.
CEIP de Pedrouzos
6.º de Educación Infantil
Actividade: O meu corpo é meu.
Data: 10 de decembro.
Imparte: Noelia Moreau.
Lugar: CEIP de Pedrouzos.
4.º de Educación Primaria
Actividade: Os meus límites importan.
Datas: 10 e 11 de decembro.
Imparte: Noelia Moreau.
Lugar: CEIP de Pedrouzos.
IES de Brión
1.º da ESO
Actividade: Pregúntao sen medos.
Datas: 19, 20 e 23 de novembro.
Imparte: Noelia Moreau.
Lugar: IES de Brión.
2.º da ESO
Actividade: Sementes de cambio. Erradicando a violencia sexual.
Data: 7 de outubro.
Imparte: Noelia Moreau.
Lugar: IES de Brión.
3.º da ESO
Actividade: As aventuras de Nabiza Girl. O estraño caso da cultura minguante.
Data: 23 de novembro.
Imparte: Isabel Risco.
Lugar: Centro Social Polivalente.
4.º da ESO
Actividade: Relacións que suman.
Datas: 18, 19 e 23 de novembro.
Imparte: Noelia Moreau.
Lugar: IES de Brión.
1.º e 2.º de Bacharelato (Humanidades)
Actividade: Historia da diversidade a través da arte.
Data: 30 de novembro.
Imparte: Carmen Granxeiro.
Lugar: IES de Brión.
Con este programa, o Concello de Brión continúa o seu traballo de sensibilización e prevención das violencias machistas no ámbito educativo, mediante actividades adaptadas á idade e ás necesidades do alumnado.