• 2026-10-28 11:00:00
    Servizos Sociais


    Convidámoste a pasar un serán coas Faladeiras de Padrón, o grupo de mulleres que levou a cabo o proxecto de "Mulleres Fronte a Emerxencia Climática" no Concello de Padrón.


    As Faladeiras de Padrón, virán a compartir a súa experiencia a través do traballo de recollida que realizaron en torno a saberes tradicionais como as técnicas de cultivo, a conservación dos alimentos, o xénero e os coidados, as formas de partipación na comunidade, etc.

    A través deste proxecto, o grupo recupera prácticas e coñecementos que nos amosan que hai moitas maneiras de construír un futuro máis xusto e sostible, e que nos lembran cales son os retos pendentes no coidado do planeta.

    Na tarde do 5 de novembro haberá saberes, pero tamén sabores.

    Ven a compartir unha merenda con elas, así como moitas experiencias darredor da nosa tradición e dos coidados. 

    O convite é gratuíto e aberto a toda a veciñanza. 

    Agradecemos que para facilitar unha boa organización tanto do espazo como da merenda, chamedes previamente para comunicar a vosa asistencia ao 981509910, ou o comuniquedes no correo beatriz.yanez@concellodebrion.gal. ;

    DÍA: Xoves, 5 de novembro
    HORA: 18:30h
    LUGAR: Centro Social Polivalente de Brión


    Dende ese día ata o 19 de novembro quedará colocada unha exposición deste proxecto no C.S.P.



    Adjuntos: