• 2026-10-20 12:47:51
    Novas


    O Concello de Brión organiza o I Encontro de Turismo e Gastronomía Local de Brión e Arredores, unha xornada dirixida a profesionais, empresas e iniciativas vinculadas ao sector turístico e gastronómico.

    O encontro celebrarase o xoves 29 de outubro, de 9:30 a 13:30 horas, na Aula da Terra do Espazo Colaborativo de Montebalado.

    A xornada ten como obxectivo favorecer o contacto entre profesionais, compartir experiencias, identificar oportunidades de colaboración e deseñar novas propostas turísticas que aproveiten os recursos de Brión e da súa contorna.

    Programa da xornada


    • Recepción e presentación: benvida ás persoas participantes e apertura da xornada pola concelleira de Promoción Económica e Turismo.

    • Mesa de traballo: presentación das empresas e profesionais asistentes, dos seus servizos, necesidades e propostas de colaboración.

    • Degustación de produtos locais: pausa para coñecer e degustar produtos elaborados nas cociñas colaborativas de Montebalado.

    • Obradoiro de creación de experiencias turísticas: deseño de produtos e experiencias adaptadas aos recursos de Brión e aos perfís das empresas participantes. Abordaranse aspectos como a colaboración con provedores locais, a creación de contidos, as políticas de prezos, a elaboración de presentacións comerciais e as canles de comercialización.

    • Caso de boas prácticas: presentación da experiencia de Feitoría Verde.

    Información e inscricións


    📅 Data: xoves, 29 de outubro de 2026.
    🕤
    Horario: de 9:30 a 13:30 horas.
    📍
    Lugar: Aula da Terra, Espazo Colaborativo de Montebalado, Brión.
    📞
    Teléfono: 981 887 006 (extensión 47).
    ✉️
    Correo electrónico: emprego@concellodebrion.gal

    A xornada está dirixida a profesionais, empresas e persoas emprendedoras relacionadas co turismo e coa gastronomía local.


    Adjuntos: