• 2026-10-14 12:57:05
    Novas


    O Concello de Brión informa de que, con motivo das próximas Eleccións Xerais do 29 de novembro de 2026, está aberto o prazo para consultar o censo electoral e presentar as reclamacións que correspondan.

    Do 12 ao 19 de outubro
    Horario: de 9:00 a 14:00 horas
    Lugar: oficinas municipais do Concello de Brión

    Que necesitas para consultar o censo?

    É necesario presentar o DNI, pasaporte ou permiso de conducir. As reclamacións deberán estar asinadas pola propia persoa interesada.

    Máis información: 900 343 232 (teléfono gratuíto).

    Recomendamos á veciñanza comprobar a súa inscrición no censo electoral dentro do prazo establecido para poder corrixir posibles erros.




    Adjuntos: