• 2026-10-01 12:48:15
    Novas


    Con motivo da celebración da XLIII Carreira Pedestre Popular da Amaía, o sábado 3 de outubro estableceranse restricións ao tráfico entre as 16:00 e as 20:00 horas nas rúas sinaladas.

    A veciñanza residente nas rúas polas que discorre a proba e que teñan intención ou necesidade de desprazarse deberán deixar os seus vehículos fora do treito indicado antes das 16:00h.

    Unha vez que a Policía Local proceda ao peche total do percorrido, non estará permitida a circulación de vehículos polo circuíto ata a reapertura das vías.

    Pregamos á veciñanza que, na medida do posible, evite o uso dos vehículos nas zonas afectadas durante o horario indicado, salvo por causa de forza maior.

    >>> VER PLANO COAS RESTRICIÓNS: https://i.gal/jSGOX




    Adjuntos: