• 2026-10-01 11:31:48
    Cultura e deportes

    O vindeiro 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas
    Para conmemorar esta data tan especial, a biblioteca municipal de Brión quere convidar á cidadanía a unha actividade de animación a cargo de Manuel Pombal que presenta en Brión o espectáculo “Frumario o bibliotecario”

    DATA: 22 de outubro
    HORA: 18:00 h.
    LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)
    DURACIÓN: 45 min. (aprox.)

    Publico familiar. Especialmente dirixida a crianzas de 6 a 12 anos.
    Acceso libre ata completar a capacidade da sala. Reserva de localidades e máis información: https://bibliotecadebrion.blogspot.com/2026/10/celebramos-o-dia-das-bibliotecas-con.html

    Actividade patrocinada polo programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.



    Adjuntos: