• 2026-09-30 10:21:41
    Servizos Sociais


    O Concello de Brión colabora co programa FALAMOS?, de Andaina Pro Saúde Mental, unha iniciativa dirixida a mellorar a detección e a intervención ante situacións de risco de suicidio no ámbito rural.

    Sábado 3 de outubro | 16:00 h
    Mesa informativa no Parque de Pedrouzos, coincidindo coa Carreira Pedestre Popular da Amaía.

    As persoas interesadas poderán achegarse para recibir información sobre prevención da conduta suicida, detección de sinais de risco e recursos de apoio. Unha comunidade informada pode ofrecer mellor apoio a quen o precise.

    Martes 6 de outubro | 18:00 h
    Charla de sensibilización no Centro Social Polivalente de Brión.

    Inscrición: https://forms.gle/NJJph1YiH3ddMKXm9

    Ademais, a partir do martes 6 de outubro, a Biblioteca Municipal contará cun Punto de Lectura con obras relacionadas co suicidio, material divulgativo do programa e información e recomendacións sobre prevención.

    Máis información:
    WhatsApp: 613 071 703
    Andaina Pro Saúde Mental: 981 076 405
    Servizos Sociais do Concello de Brión: 981 509 910

    Programa promovido pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade e Andaina Pro Saúde Mental, coa colaboración do Concello de Brión.




    Adjuntos: