• 2026-09-23 11:00:17
    Cultura e Deportes


    O Concello de Brión presenta a programación do Outono Cultural 2026, que durante os meses de outubro e novembro traerá ao municipio unha ampla oferta de actividades culturais para diferentes públicos.

    Teatro profesional e afeccionado, actividades de animación á lectura, documentais, Outono das Artes e o tradicional Magosto forman parte dunha programación que se desenvolverá principalmente no Centro Social Polivalente e na Sala Municipal de Exposicións.

    RESERVA GRATUÍTA DE LOCALIDADES SÓ PARA A PROGRAMACIÓN DE TEATRO PROFESIONAL:
    https://bandoticket.com/organizers/concello-de-brion

    O resto das actividades serán de acceso libre ata completar a capacidade do local.

    Programación organizada polo Concello de Brión co apoio da Rede Cultural 2026 da Deputación da Coruña e do programa "Ler conta moito", de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas, promovido pola Xunta de Galicia.
    Mais info: https://i.gal/c0bEH



    Adjuntos: