• 2026-09-09 10:46:13
    Cultura e Deportes


    DATA: Sábado 3 de outubro
    LUGAR: Parque de Pedrouzos
    HORARIOS: Primeiras probas desde as 16:30 h · Carreira absoluta ás 18:00 h

    Brión prepárase para unha nova edición dunha das súas citas deportivas máis veteranas, proba oficial da Federación Galega de Atletismo e integrada no XII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña.

    A proba absoluta estreará un circuíto duns 3 km, ao que se darán dúas voltas para completar 6 km.

    Categorías desde Iniciación ata Máster.
    Inscrición gratuíta de Iniciación a Sub 16 e 5 € de Sub 18 a Máster.
    Camiseta técnica conmemorativa para todas as persoas participantes.
    Trofeos por categorías, clasificación local e premios en metálico na absoluta e por clubs.

    Inscricións ata o 30 de setembro ás 23:59 h a través de Carreiras Galegas.

    Consulta o regulamento, horarios, percorridos e toda a información na súa web: CARREIRA PEDESTRE DA AMAÍA




    Adjuntos: