• 2026-07-17 11:53:03
    Servizos Sociais

    O Concello de Brión ven de convocar axudas económicas ás familias do alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil (EI), Educación Primaria (EP) e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), para sufragar gastos relacionados coa escolarización, entendendo por tales a adquisición de libros de texto e material didáctico complementario.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o 17.07.2026 e rematará o 30.08.2026 ás 24:00 horas.

    Mais info: https://i.gal/AxudasEscolarizacion26_27



    Adjuntos: