-
ESCOLAS MUNICIPAIS CULTURAIS E DEPORTIVAS 2026·20272026-07-13 12:38:24Cultura e DeportesO Concello de Brión abre o prazo para presentar novas inscricións nas escolas municipais culturais e deportivas.
Prazo: do 14 de xullo ao 14 de agosto
As solicitudes poderán presentarse:
▪️ A través da Sede electrónica do Concello de Brión
▪️ Presencialmente no Rexistro da Casa do Concello
▪️ Mediante calquera dos rexistros previstos na Lei 39/2015
No caso de solicitar varias actividades, será suficiente con presentar un único formulario.
Datas principais:
▪️ Listaxes provisionais: semana do 7 de setembro
▪️ Reclamacións: ata o 18 de setembro
▪️ Listaxes definitivas: 21 de setembro
▪️ Inicio das actividades: 1 de outubro
As persoas admitidas disporán dun período de proba ata o 15 de outubro, durante o que poderán solicitar a baixa sen ter que aboar a cota. Os horarios, grupos e lugares poderán modificarse en función da demanda e do número de persoas inscritas.
981 509 908
cultura@concellodebrion.gal
deportes@concellodebrion.gal
www.concellodebrion.gal
MÁIS INFORMACIÓN: os horarios, prezos e normativa das distintas escolas, así como os formularios de baixa e orde de domiciliación bancaria, están dispoñibles na seguinte ligazón: https://i.gal/fKELw