-
Encontro coa Arte: Lembrando a Xosé Neira Vilas2026-06-19 16:49:27Cultura e deportesRegresan os Encontros coa Arte de Brión. Unhas xornadas de convivencia e creación artística que contarán coa participación de trinta artistas plásticos chegados de diferentes puntos de Galicia e do Estado.
Este ano, a figura da nosa cultura homenaxeada no Encontro vai ser o irrepetible escritor, xornalista e académico galego Xosé Neira Vilas.
Durante tres días a veciñanza de Brión e as persoas visitantes poderán gozar de diferentes actividades relacionadas coa arte: seráns de pintura do natural, obradoiros e concursos de creación artística, visitas teatralizadas, exposicións e teatro.
DATAS: 3, 4 e 5 de xullo de 2026
LUGARES DE CELEBRACIÓN: Concello de Brión e Gres-Vila de cruces
Consulta toda a información sobre esta actividade en: https://www.concellodebrion.gal/gl/xix-encontro-coa-arte