• 2026-06-19 11:03:23
    Conciliación

    O Concello de Brión informa que o vindeiro luns, 22 de xuño, ás 08:00 horas, darán comezo as actividades do programa Concilia Verán 2026.

    Os accesos das persoas participantes realizaranse nos seguintes puntos:

    - Educación Infantil, nadas e nados entre 2019 e 2022: porta de acceso de Infantil do CEIP de Pedrouzos, a mesma entrada empregada o ano pasado.
    > Localización: https://maps.app.goo.gl/7bfc1DmNWzDhGKT17

    - Educación Primaria, nadas e nados entre 2014 e 2018: porta de acceso principal do Pavillón Municipal.
    > Localización: https://maps.app.goo.gl/FKpAahK9T6hCgxMc8

    IMPORTANTE: coincidindo co inicio de cada quenda, a empresa encargada da xestión do servizo creará un grupo de WhatsApp coas familias participantes, co obxectivo de trasladar a información necesaria para o correcto desenvolvemento da actividade