• 2026-06-09 17:05:26
    Cultura e deportes

    A Igrexa parroquial de Bastavales acollerá unha visita teatralizada a cargo de Os Quinquilláns onde a protagonista será Rosalía de Castro.
    Esta actividade enmárcase dentro do convenio asinado polos Concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón para promover a ruta "As pegadas de Rosalía".

    DATA: 3 de xullo
    HORA: 18:00 h.
    LUGAR DE CELEBRACIÓN: Igrexa parroquial de S. Xián de Bastavales.

    A programación completarase con dúas visitas máis a lugares significativos vinculados coa figura de Rosalía. O 20 de xuño será no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 12:00 h., e o  4 de setembro, ás 20.00 h., en As Torres da Hermida, en Lestrobe (Dodro).

    As persoas que desexen participar en calquera das actividade deberán enviar un correo electrónico aos enderezos indicados no cartel que anuncia a actividade: https://www.concellodebrion.gal/sites/default/files/2026-06/Cartel visita lugares Rosalianos%2...
    As inscrición son gratuítas e poden tramitarse ata o día previo de cada actividade. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.



    Adjuntos: