• 2026-06-02 12:35:05
    Novas


    Mañá, mércores 3 de xuño, realizaranse traballos na estrada AC 300, ao seu paso polo lugar de Perros, dentro das actuacións de mellora da eficiencia enerxética do alumeado público exterior mediante tecnoloxía LED.

    A intervención obrigará a realizar a ocupación dun carril entre as 9:30 e as 12:00 horas, aproximadamente.

    Durante ese tempo manterase o paso alternativo de vehículos, con persoal encargado da sinalización e da regulación do tráfico.

    Pregamos á veciñanza que, na medida do posible, evite circular pola zona durante esa franxa horaria. Se é imprescindible facelo, recoméndase circular coa máxima precaución.

    Agradecemos a colaboración da veciñanza mentres se desenvolven estes traballos de mellora.



    Adjuntos: