• 2026-05-06 14:10:01
    Escola de Música Magariños


    A ESMUMA celebra o IV Ciclo de microconcertos co alumnado como protagonista

    Do 11 ao 29 de maio, a Escola de Música de Brión (ESMUMA) acolle unha nova edición do seu Ciclo de microconcertos, unha proposta que permite escoitar en formato íntimo os traballos do alumnado dos diferentes obradoiros instrumentais e vocais.

    Os concertos terán lugar nas aulas da ESMUMA, en horario maioritariamente ás 19:00 horas, coa excepción da quenda de piano do 21 de maio (ás 18:00 e 19:00 h). Participarán alumnadode frauta traveseira, gaita, baixo eléctrico, saxofón, clarinete, canto, percusión, guitarra, piano e vento-metal.

    📅 Programación
    • 11 maio (aula 3) – Vento Horizontal (alumnado de frauta traveseira e gaita)
    • 15 maio (aula 4) – Brillante (alumnado de saxofón)
    • 20 maio (aula 4) – Arume vocal (alumnado de canto)
    • 21 maio (aula 4) – Caixa de Sons (alumnado de guitarra)
    • 22 maio (aula 4) – Vibracións do Grave (alumnado de baixo eléctrico)
    • 25 maio (aula 1) – Cantiga de Madeira (alumnado de clarinete)
    • 26 maio (aula 5) – Rítmico (alumnado de percusión)
    • 28 maio (aula 2) – Danza de Macillos (alumnado de piano, 18:00 e 19:00 h)
    • 29 maio (aula 4) – Resoante (alumnado de vento-metal)

    📍 Entrada libre ata completar aforo.

    🔗 Máis info: www.esmunagarinos.com



    Adjuntos: