-
INSCRICIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL CURSO 2025.20262026-03-30 11:00:00Servizos SociaisÁbrese o prazo de inscrición para crianzas de 0 a 3 anos na Escola Infantil Municipal de Brión para o curso 2026/2027.
Do 15 ao 30 de abril
Requisitos
• A persoa menor para a que se solicita praza deberá ter nacido no momento de presentación da solicitude.
• Figurar empadroada no Concello de Brión.
• Ter 3 meses de idade no mes de setembro e non cumprir os 3 anos antes do 31 de decembro de 2026.
• Acadar a puntuación suficiente no baremo de admisión.
Documentación
• DNI das persoas proxenitoras.
• Libro de familia ou certificado de inscrición de nacemento.
• Declaración da renda do exercicio 2024.
• Informe de situación actual da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou informe de vida laboral das persoas proxenitoras, actualizado.
• Xustificante de gastos de alugueiro ou hipoteca.
• De ser o caso, tarxeta de demandante de emprego, certificado de discapacidade, documentación de separación ou divorcio e convenio regulador, título de familia numerosa, etc.
Solicitudes fóra de prazo, única e exclusivamente cando
• O nacemento sexa posterior ao 30.04.2026.
• Haxa cambio de concello de residencia posterior ao 30.04.2026.
• Exista unha situación de emerxencia social.
Lugar de presentación
• Preferiblemente a través da Sede Electrónica do Concello: Sede electrónica Brión, Solicitude de praza na Escola Infantil Municipal.
• Centro Social Polivalente, con cita previa no teléfono 981 50 99 10.