• 2026-03-24 11:00:00
    Cultura e Deportes


    O Concello de Brión organiza entre abril e agosto de 2026 unha actividade de sendeirismo para realizar por etapas o Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia.

    Etapas

    • 25 de abril: Muros - O Cruceiro de Roo, 24,1 km
    • 30 de maio: O Cruceiro de Roo - Noia, 19,6 km
    • 27 de xuño: Porto do Son - Noia, 17,2 km
    • 11 de xullo: Noia - Urdilde, 20,2 km
    • 8 de agosto: Urdilde - Santiago, 21,2 km

    Información

    • Prazas: 52 por etapa
    • Prezo: 8 euros por etapa
    • Saída en autobús: ás 9:00 horas
    • Lugar de saída: Praza das Polbeiras
    • Inscricións: ata o xoves anterior a cada etapa

    Importante

    • As persoas que completen as cinco etapas terán dereito á Compostela.
    • É necesario levar xantar tipo picnic.
    • Recoméndase roupa e calzado cómodos.
    • Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Brión que se anoten ás cinco etapas.

    Inscricións e información


    Departamento de Deportes
    Casa da Cultura do Concello de Brión
    Carballeira de Santa Minia, 5
    Teléfono: 981 50 99 08
    Correo: deportes@concellodebrion.gal




    Adjuntos: