-
ENTROIDO 2026 EN BRIÓN | NOVA DATA DE CELEBRACIÓN2026-02-10 20:26:24Cultura e deportesA festa do Entroido de Brión, que ía celebrarse o día 15 de febreiro, debido ás malas predicións meteorolóxicas para esa data adíase unha semana, ata o domingo 22 de febreiro.
A festa celebrarase na Rúa Tarrío, ao carón do Parque Cuberto de Lamiño. A xornada incluirá o gran desfile, o concurso de disfraces e o baile, amenizado pola ORQUESTRA ESCAPARATE.
Nova data e hora de celebración: Domingo 22 de febreiro, dende as 16:30 h.
Desfile: Concentración no Pavillón Polideportivo Municipal de onde sairá as 16:30h., acompañados da CHARANGA OS CELTAS, para percorrer o Paseo de Pedrouzos e a Rúa Tarrío ata o Parque de Lamiño.
Concurso: con máis de 2.500,00€ en premios. Consulta as BASES: https://www.concellodebrion.gal/sites/default/files/2026-01/Bases do Concurso de Entroido ...
Inscrición: Atención, ampliase o prazo de inscrición ata o día 20 de febreiro. A mesma poderá realizarse persoalmente na Casa da Cultura ou por correo electrónico a cultura@concellodebrion.gal