-
"Rosalía de Castro, como cor de ouro pálido" | Día de Rosalía de Castro2026-02-10 16:49:59Cultura e deportesRafa Fernández (guitarra/composición), Tamara Andrés (voz) e Miguel G. Orive (videocreación) presentan en Brión o espectáculo: "Rosalía de Castro, como cor de ouro pálido"
Unha viaxe a través da imaxe, o son e a palabra inspirada na poesía de Rosalía.
DATA: sábado 21 de febreiro
HORA: 20:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente de Brión
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.
Unha actividade organizada polo Concello de Brión no mes que celebramos o 23 de febreiro, Día de Rosalía