• 2026-02-04 12:58:03
    Escola de Música Magariños

    O vindeiro 11 e 13 de febreiro, a arte tórnase experiencia en Brión.
    Unha proposta única onde se dan a man a interpretación profesional e a creatividade das novas promesas.

    - DÍA 11 | ESMUMA – Sala Magariños
    17:00h – Alumnado de Música e Movemento 1º, 2º e 3º
    18:30h – Alumnado de Música e Movemento 4º e 5º

    - DÍA 13 | Centro Social Polivalente – Salón de Actos
    19:00h – MYRTHA: Performance inspirada en “Giselle”
    Xabier Cano (debuxo) | Gloria García (danza) | Olivier Cano (música)

    Unha oportunidade para desfrutar da evolución artística do alumnado da ESMUMA e da reinterpretación contemporánea do ballet romántico a cargo do colectivo Myrtha, nacido no marco de “Estudios Abiertos” de Ferrol.

    Espazos escénicos: Sala Magariños (ESMUMA) e CSP
    Entrada: Entrada de balde ata completar o aforo

    Unha semana chea de música, movemento e emoción.

    Máis información: www.esmumagarinos.com



    Adjuntos: