• 2025-12-22 12:43:30
    Cultura e Deportes

    O vindeiro luns 5 de xaneiro de 2026 as Súas Maxestades os Reis Magos visitarán Brión para encher de ilusión ás nenas e aos nenos do noso concello.

    Ao longo da mañá e da tarde percorrerán as distintas parroquias a bordo dun autobús de época, ofrecendo á rapazada a oportunidade de falar con eles en persoa e entregarlles as súas cartas e peticións.

    Horarios e lugares de visita

    10:15 h · Local social de Cornanda
    10:45 h · Adro da igrexa da Luaña
    11:30 h · Adro da igrexa de Viceso
    12:30 h · Adro da igrexa de Ons
    13:15 h · Parada do transporte escolar de Tembra

    16:30 h · Adro da igrexa de Bastavales
    17:30 h · Contorna da igrexa de San Salvador
    18:15 h · Campo de San Ramón no Tremo
    19:15 h · Adro da igrexa dos Ánxeles
    20:15 h · Carballeira de Santa Minia en Brión

    Os horarios son orientativos e poderán sufrir modificacións, das que se informará coa debida antelación.

    Como é tradición, a rapazada será agasallada con doces, rosca, chocolate e churros.

    Un día moi especial para gozar en familia e manter viva a maxia do Nadal.

    Agardámosvos.



    Adjuntos: