-
VIII Premio Laudamuco para textos teatrais 20262025-10-24 17:35:45Cultura e deportesO Concello de Brión, co apoio da Academia Galega de Teatro e de Edicións Positivas, convoca o VIII Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais 2026.
Unha iniciativa que busca incentivar e apoiar a creación dramática en lingua galega e contribuír ao recoñecemento da figura e obra do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, por todo o que representou e segue a representar para a nosa cultura.
Os orixinais poderán presentarse exclusivamente en formato dixital ata as 23:00 h. do día 30 de xaneiro de 2026, no enderezo de correo electrónico recollido nas bases de participación: https://drive.google.com/file/d/16I6lE8rue50S7x53dzv0DyJynLpfVBcO/view
Máis información: https://www.concellodebrion.gal/gl/novas/viii-premio-laudamuco-para-textos-teatrais-2026