-
CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2025/2026 DO CONCELLO DE BRIÓN2025-10-21 12:39:58Servizos Sociais
Ven de ser publicada a proposta de RESOLUCIÓN PROVISIONAL do programa de axuda a escolarización para o curso 2025-2026
Pode consultarse na seguinte ligazón: https://i.gal/AxudasEscolarizacion25_26
As persoas solicitantes con proposta de DESESTIMACIÓN, contan con 10 días naturais para, no seu caso, presentar alegacións e/ou documentación xustificativa do alegado ao través do rexistro municipal no Centro Social Polivalente ou a páxina web do Concello (ata o 30/10/2025 ás 23:55 horas).