-
Brión e Ames poñen en marcha o novo programa integrado de emprego 2025-20262025-10-17 11:39:40Avisos e ConvocatoriasOs Concellos de Brión e Ames poñen en marcha unha nova edición do Programa Integrado de Emprego, dirixido a 100 persoas desempregadas dos dous municipios.
- O programa desenvolverase entre OUTUBRO DE 2025 E OUTUBRO DE 2026, con formación nos sectores de lecer e tempo libre, comercio, almacén, administración e xestión, turismo.
- As persoas participantes contarán con titorías individualizadas, prácticas en empresas, bolsas de 10 €/día e axudas á conciliación.
- As actividades terán lugar no Centro de Formación e Emprego de Ames (Aldea Nova).