• 2025-09-25 09:50:34
    Cultura e Deportes

    Chega unha nova edición do noso Outono Cultural, con tres meses cheos de actividades para todos os públicos: teatro profesional e afeccionado, presentacións de libros, maxia, cine documental, encontros arredor da lectura… e tamén tradicións como o Magosto.

    Dende outubro ata decembro, Brión encherase de cultura, emocións e encontros nos nosos espazos habituais: a Sala Municipal de Exposicións, o Centro Social Polivalente e a Praza das Polbeiras.

    A entrada a todas as actividades é libre ata completar capacidade, pero para o teatro profesional requirese reserva previa en:
    billeteira.concellodebrion.gal

    Organiza: Concello de Brión
    Co apoio da Rede Cultural 2025 da Deputación da Coruña e o programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.

    Casa da Cultura de Brión · ☎️ 981 50 99 08
    Máis información: https://i.gal/m8zYg



    Adjuntos: