• 2025-06-27 11:59:58
    Avisos e Convocatorias

    O Delas Fest (o festival de arte urbana e contextual con perspectiva de xénero) busca persoas de Brión que teñan información, coñezan historias/lendas e/ou dispoñan de fotografías vinculadas á música, pandeireteiras, cantareiras e ás tradicións e oficios relacionados coas mulleres do concello.

    Asiste a xuntanza e colabora, convértete en parte do proceso creativo do Delas Fest!

    DATA: luns, 30 de xuño
    HORA: 17:00 h.
    LUGAR DE CELEBRACIÓN: EEI de Sabaxáns (Bastavales, Brión)

    Unha actividade organizada polo Delas Fest, programa feminista de arte urbana contextual. Coa colaboración do Concello de Brión e a Deputación da Coruña.
    Máis información en: 7hcoop.gal/delasfest/anfitrionate



    Adjuntos: