-
PISCINA MUNCIPAL DESCUBERTA DE BASTAVALES2025-06-16 12:23:23Cultura e Deportes
Tempada: Verán 2025
Esta instalación estará aberta a toda a veciñanza todos os días da semana dende o 1 de xullo ao 31 de agosto en horario de 16:00h. a 21:00h.
Poderase acceder de dúas maneiras:
- PASE DE TEMPADA: Haberá que solicitalo na Casa da Cultura e é válido para acceder durante toda a tempada. Menores ata 14 anos: 6€ · Adultas: 12€
- PASE DIARIO: Retírase na própia instalación e é válido soamente para un día. Menores ata 14 anos: 0,60€ · Adultas: 1,20€
Mais info na CASA DA CULTURA. Tl. 981 50 99 08