• 2025-05-19 18:02:45
    Cultura e deportes

    Barahúnda, o dúo formado por Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro presenta en Brión o libro "Fremosas: cantigas de amigo e de amor".
    Coa participación do actor Lucho Penabade.

    Unha publicación, con códigos QR para descargas as cancións, que xira arredor da lírica medieval galaico-portuguesa, concretamente as cantigas de amor e amigo. Un artefacto musical, literario e divulgativo proxectado, na súa orixe, como un disco temático que reunise as cantigas que o grupo foi creando a través dos anos.

    Data: xoves, 5 de xuño de 2025
    Hora: 20:00 h.
    Lugar: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

    Acceso libre ata completar a capacidade do local.



    Adjuntos: