-
SENDEIRISMO: RUTA DA MARIÑA LUCENSE28-Julio-2023 10:45Cultura e deportes
En setembro, regresan as rutas de sendeirismo do Concello de Brión. Para comezar, un interesante percorrido pedestre pola Ruta da Mariña Lucense, á beira da costa cantábrica galega, con inesquecibles paisaxes e pequenos tesouros naturais e patrimoniais.
Data de celebración: sábado 9 de setembro
Hora e lugar de saída: 8:00 h., dende a Carballeira de Santa Minia (Pedrouzos-Brión)
Dificultade da ruta: BAIXA
INFORMACIÓN SOBRE INSCRICIÓN:- Prezo da actividade: 8 € por participante
- Inscrición ata as 14:00 h. do día 7 de setembro.
- Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Brión
- Para confirmar a inscrición é necesario entregar a folla de taxas municipais correctamente cuberta e asinada. Non se aceptarán pagamentos conxuntos.
- Límite de prazas. Dispoñibles 100, por rigorosa orde de inscrición
OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE:- Necesario levar xantar tipo pic-nic.
- Recomendamos roupa e calzado cómodos, axeitados para o tipo de actividade a realizar
- Máis información e inscrición: Casa da Cultura. Tfno. 981 50 99 08
Adjuntos: