• 03-Abril-2023 13:57
    Novas

    O Concello de Brión pon en marcha dúas liñas gratuítas de autobús, operadas por Autocares M. Riveiro, que funcionarán todos os martes e que terán como finalidade favorecer que a veciñanza poida achegarse ao centro médico e mais a feira de Brión.

    Estas liñas, que xa levaban anos funcionando, deixaron de estar operativas por mor da pandemia da COVID19 e retómanse agora trala solicitude de varios veciños e veciñas e logo de terse aprobado o orzamento municipal do ano 2023.

    Estes autobuses percorrerán as paradas do transporte escolar e terán a partida as 10:00h. dos lugares indicados facendo a viaxe inversa de regreso dende a Carballeira de Santa Minia as 13:00h.

    - LIÑA 1: A GRAÑA - CARBALLEIRA DE SANTA MINIA. Saída as 10:00h. de A Graña e facendo o seguinte percorrido: Cornanda, Goiáns, Ardións, Amañecida, Luaña, Cristimil, Espiñeiros, Vexo, Nináns, Tourís, Vioxo de Abaixo, Vioxo de Arriba, Pousada, Esparís, Ombre, Forxán, Salaño Grande, Salaño Pequeno, Fonte Paredes, Mourentáns, Vilar, Gronzo, O Casal, Liñares, Centro Médico, Carballeira de Santa Minia.

    - LIÑA 2: GUNDÍN  - CARBALLEIRA DE SANTA MINIA. Saída as 10:00h. de Gundín, Saíme (da a volta), Cruce dos Ánxeles, Avenida dos Ánxeles, Soigrexa, Estrar, Perros, Soutullos, Bastavaliños, Casaldoeiro, Coruxido, A Caxusa, Chave de Ponte, Parque do Santo Arandel, Beca (da a vola), Chave de Ponte, Ralo, Vidaloiso, Babenzo, Anexo, Soutullos, Cirro, Gándara, Outeiro, Vilanova, O Cabo, Avenida Vicente Ramos, Avenida de Noia, Cruce dos Ánxeles, Avenida de Santa Minia, Centro Médico, Carballeira de Santa Minia

    #brionsenirmaislonxeIntroduce aquí el bando


    Adjuntos: