-
ESPELLOS ÍNTIMOS29-Octubre-2024 11:00Servizos Sociais
O obxectivo deste Obradoiro teatral para mulleres (interxeracional) é o de compartir historias sobre os coidados, a maternidade, a non maternidade, etc. nun espazo seguro, de xogo e complicidade, a través de actividades lúdicas que se canalizarán en pequenas pezas artísticas.
Non é preciso ter coñecementos teatrais, tan só ganas de pasalo ben, de crear comunidade dende o goce de contar e de ser escoitada.
Datas:
- Venres 13 de decembro de 16:00h a 20:00h
- Venres 20 de decembro de 16:00h a 20:00h
Lugar: Salón de actos do Centro Social Polivalente
Inscrición:
Aberta ata o primeiro día de obradoiro ás 14:00h a través de beatriz.yanez@concellodebrion.gal ou do 981 50 99 10
Actividade promovida pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña dentro do circuito sobre coidados e maternidade que leva por título "Espellos Íntimos".
Adjuntos: