• 12-Junio-2024 11:00
    Servizos Sociais

    PROGRAMA:
    Mércores 3 de xullo
    Excursión a O Grove con paseo en barco pola ría e degustación de mexillóns. Visita á Illa da Toxa. Xantar. Miradoiro de Siradella e Vilagarcía de Arousa

    Mércores 10 de xullo
    Excursión á feira de Valença (Portugal). Xantar. Visita á Virxe da Roca e Baiona

    Xoves 18 de xullo
    Excursión con visita a Viveiro e Miradoiro de San Roque. Xantar. Visita a Burela e museo-barco boniteiro “Reina del Carmen”

    Martes 23 de xullo
    Excursión con Visita a Lugo (cidade, muralla e Museo Provincial). Xantar. Visita á Charca do Alligal

    PREZO:
    10,00 € por excursión, a pagar no prazo máximo dos 3 días anteriores a cada saída. Límite de prazas (53 por excursión).

    PARTICIPANTES:
    Veciños/as maiores 60 anos e os seus cónxuxes, empadroados no Concello de Brión.

    INSCRICIÓNS:
    No teléfono 621 127 638, de 9:00 a 14:00 horas, dende o 17 ao 21 de xuño. Poderán facerse inscricións despois desta data para cubrir posibles vacantes.

    ADMISIÓN:
    Por orde de inscrición e de prioridade nas distintas actividades



    Adjuntos: