• 07-Junio-2024 17:14
    Cultura e deportes

    A biblioteca municipal de Brión convídate a participar no recital de Paco Nogueiras: "Brinca vai!: de aquí a acolá".
    Un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

    DATA: 26 de xuño
    HORA: 12:00 h.
    LUGAR DE CELEBRACIÓN: Pavillón Polideportivo Municipal de Brión

    Inscrición previa na actividade no formulario en liña: https://forms.gle/NjKoWdUuy1M49tko9
    Máis información no blog da biblioteca municipal: https://bibliotecadebrion.blogspot.com/2024/06/paco-nogueiras-visita-brion-co.html

    Actividade patrocinada polo programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.


    Adjuntos: