-
VI PREMIO "LAUDAMUCO" PARA TEXTOS TEATRAIS 202406-Noviembre-2023 13:06Cultura e deportes
Coa intención de incentivar e apoiar a creación dramática en lingua galega, contribuír ao recoñecemento de Roberto Vidal Bolaño por todo o que representou e segue a representar na nosa cultura, o Concello de Brión, co apoio da Academia Galega de Teatro e de Edicións Positivas, convoca, o VI Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais 2024.
O premio estará composto por unha dotación económica de 7.000 euros mais a edición da obra gañadora. Ao mesmo poderán optar persoas de calquera nacionalidade que presenten, ata as 23:00 h. do día 2 de febreiro de 2024, obra dramática, escrita en lingua galega, inédita e nunca antes premiada.
Unha vez se dea a coñecer a persoa gañadora do premio, a entrega do mesmo farase nun acto, organizado polo Concello de Brión, o 16 de maio de 2024, corenta e cinco aniversario da posta en escena de Laudamuco, señor de ningures.
Máis información e bases de participación: https://www.concellodebrion.gal/gl/vi-premio-laudamuco-para-textos-teatrais-2024
Adjuntos: